Banda de Valga

I Curso de Trombón

 

Os vindeiros días 15, 16, 17 e 18 de xullo terá lugar no Auditorio Municipal de Valga o I Curso de Trombón, impartido por Martin Schippers, músico da Royal Concertgebow Orchestra e artista da marca Vincent Bach.

 

O mestres compartirá, cos alumnos asistentes, os seus coñecementos durante as clases, as cales se distribuirán do seguinte xeito:

 

                        •Mércores 15: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

                        •Xoves 16: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

                        •Venres 17: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

                        •Sábado 18: clases de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

 

Ademais das clases, tamén haberá tempo para participar nun Ensemble de Trombóns, o cal, pechará o curso cun concerto o sábado 18 de xullo ás 21:00 no Auditorio Munipal de Valga.

 

O curso admite alumnos en dúas modalidades e ten o seguinte prezo para cada unha: alumnos activos 160 euros e alumnos ointes 80 euros. A prazas son limitadas.

 

Para máis información bótalle un ollo ao cartaz ou descarga aqui a folla de inscrición. Tamén atoparás información na web www.bandadevalga.es na sección cursos ou no correo electrónico esmudevalga@gmail.com