A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musival, convoca a tódolos socios de MUSIVAL[1], a unha reunión en Asemblea xeral extraordinaria que se celebrará o vindeiro venres 11 de agosto de 2017, ás 21:00 horas (9 do serán) en 1ª convocatoria, e ás 21:30 (9 e media do serán) en 2ª convocatoria, no Auditorio Municipal (Ferreirós, Cordeiro), sala de concerto do Auditorio.